David Fernández Vaamonde
David Fernández Vaamonde é un multi-instrumentista Coruñés interesado polas músicas de todo tipo pero especialmente pola tradicional galega, ibérica e dos paises celtas, e, en xeral polas chamadas músicas do mundo.
Comeza a sua relación coa música ós 16 anos aprendendo a tocar a guitarra cunha colección de fascículos e forma parte do grupo folk Contecinia.
Posteriormente toma clases con Dani Sisto, guitarrista de Luar Na Lubre entre outros grupos, que lle ensina os rudimentos da afinación DADGAD. É nesa mesma época na que David empeza a tocar no grupo Xirtam de música irlandesa e comeza a ter contacto con frautas tradicionais como os tin e low whistles ou a frauta traveseira.
David móvese por traballo a Madrid no 2006, e no ano 2009, despois dunha viaxe polas Highlands escocesas decide comezar a aprender Gaita Galega e solfexo na Escola de Música de Meco.
Por esta época tamén entra a tocar no centro galego de Alcalá de Henares no que forma parte da súa banda de gaitas, que o levará a tocar en actuacións tanto nacionais como internacionais dende Estrasburgo a eventos tan senlleiros como a festa do Gaiteiro de Soutelo.

No 2011 comeza a tomar clases con Daniel Bellón (o que considera o seu mestre de música) de Gaita Galega, pero tamén de armonía e saxo.
Tamén na Escola de Música de Meco comeza a tomar clases de Clarinete.
En 2012 forma o cuarteto tradicional Contos Vellos, co ánimo de crear novas obras de gaita para cuarteto. Ese mismo ano participa no seu primer concurso de gaita solista e cuartetos (con Contos Vellos), no XXIII Concurso de Música Tradicional A.C. Xacarandaina.
Posteriormente asiste a máis concursos e certámenes, algúns tan importantes como o concurso de solistas do Festival de Ortigueira, ou o XXI Constantino Bellon, no que interpreta obras propias.
No ano 2018 forma xunto con Cristina Lopez e Ismael Morales o grupo Folk Tresdoble, que interpreta música tradicional galega, asturiana e madrileña e que actúa por toda a xeografía nacional en lugares tan senlleiros como A Arca da Noe en Ourense, El cafetón en Aviles; ou certámenes como Alcalá Suena (Alcalá de Henares), Semana cultural Asturiana (San Sebastían de Los Reyes) ou a Muestra de Música Tradicional (San Sebastián de los Reyes).
No ano 2020 e durante o confinamento por mor da COVID, David adapta sete pezas tradicionáis (cinco galegas e dúas bretonas) en seis cortes, para DADGAD, que graba, mistura, masteriza e produce co nome de Nordemia, disco que ve a luz en Marzo de 2021.
Actualmente David toca: Guitarra acústica, Gaita Galega, Low e Tin Whistle, Frauta Traveseira irlandesa, Clarinete, Saxofón, Ocarina, Tamboril, Bodhran, Pandeireta galega, e está comenzando co teclado e o acordeón diatónico.