Nordemia (Marzo 2021)
Nordemia é un EP con seis cortes, cinco galegos é un breton, gravados durante o confinamento por mor da COVID no ano 2020. Nordemia comezou adaptando e variando temas tradicionáis moi coñecidos a guitarra acústica en afinación DADGAD e estilo “fingerpicking”, ós que posteriormente se lle engaden outros instrumentos como gaita galega, frautas, ocarinas ou tamboril galego, para crear unha nova sonoridade para estes temas.

Se estás interesado en adquirir unha copia de “Nordemia”, escríbenos a alen@contosvellos.com para indicarte cómo facelo.